Carmen Basadre asiste á presentación do primeiro cuño de Correos dedicado ao Camiño Primitivo

Venres, 21 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre asiste á presentación do primeiro cuño de Correos dedicado ao Camiño Primitivo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acudiu este venres, xunto con outras autoridades, á presentación do primeiro cuño que Correos dedica ao Camiño Primitivo, ruta xacobea que pasa polo municipio de Lugo.

No acto, a edil fixo un símil entre Correos e a Ruta Xacobea, ambos os dous símbolos da comunicación, da unión entre as persoas; ao tempo que agradeceu a elección deste mataselos que alude directamente aos tres Patrimonios da Humanidade da cidade: a Muralla, a Catedral e o mencionado Camiño Primitivo.

Multimedia

  • Carmen Basadre asiste á presentación do primeiro cuño de Correos dedicado ao Camiño Primitivo

Noticias relacionadas