A atleta lucense Adriaratou Iglesias acenderá a iluminación de Nadal este xoves

O acendido comezará ás 20:00, e haberá actividades para nenas e nenos desde as 18:00

Mércores, 04 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A atleta lucense Adriaratou Iglesias acenderá a iluminación de Nadal este xoves

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o acendido das luces de Nadal terá lugar o vindeiro xoves, 5 de decembro “e que protagonizará a nosa atleta, Adriaratou Iglesias, que será a encargada de acender as luces e dar comezo á nova etapa do Nadal no Concello de Lugo”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “ademais, contaremos con música en directo e, a partir das 18:30 horas, as máis pequenas e pequenos da casa terán actividades na praza Maior”.

A xornada comezará ás 18:30, cun obradoiro de globoflexia para toda a familia, continuando ás 19:00 horas cun concerto de jazz con temática de Nadal. A partir das 20:00 horas, comezará o acendido dos 208 arcos e 81 elementos luminosos que se colocaron este ano por toda a cidade, ademais da decoración da Praza Maior, que consta dunha árbore de 20 metros de altura e un conxunto de 20 metros de longo. En total, segundo informou Maite Ferreiro, colocáronse por toda a cidade máis de 600.000 led “cunha inversión de 120.000€, reducindo o gasto dos pasados anos”.

“A iluminación de Nadal utilizará tecnoloxías eficientes, como LED ou fibra óptica, para reducir o consumo enerxético e acoutar a contaminación lumínica”, indicou Maite Ferreiro, que explicou que se colocará ademais unha iluminación “cunha temática especial polo Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade”.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o acendido das luces de Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas