Arrinca o último día do Arde Lvcvs co desfile dos colexios dende a Praza de San Marcos

A Alcaldesa de Lugo participou no desfile, cuxo percorrido foi máis longo que noutas edicións e participaron 21 centros educativos do municipio

Domingo, 02 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrinca o último día do Arde Lvcvs co desfile dos colexios dende a Praza de San Marcos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este domingo no desfile dos colexios, dentro do programa de actividades dos festexos do Arde Lvcvs, que finalizan hoxe e declarados este ano Festa de Interese Turístico Nacional. O percorrido foi máis longo que noutas edicións e participaron 21 centros educativos do municipio.

Os colexios participantes foron Divino Maestro, Casás, Gándarás, Anexa, Divina Pastora, A Ponte, María Auxiliadora, Fingoi II, Rosalía de Castro, Cervantes, Manuel Mallo Mallo, Luis Pimentel, As Mercedes, La Inmaculada, Albeiros, Menendez Pelayo, Quiroga Ballesteros, La Milagrosa, Sagrado Corazón, Illa Verde e Pradai. Durante o desfile estiveron acompados polos grupos Son de Lugh e Devandoira.

Nesta última xornada, haberá un circo infantil, o acto final das lexións romanas e das tribos castrexas, ou o espectáculo final de Habeatis Bona Devm, a partir das 23:30 horas. Animación de rúa, desfiles, bautizos e vodas celtas e romanas son outras das actividades coas que se pode gozar ao longo deste domingo.

Multimedia

  • Arrinca o último día do Arde Lvcvs co desfile dos colexios dende a Praza de San Marcos

Noticias relacionadas