A área de Cohesión Social oferta un Paseo de Nadal por Vigo dirixido ao colectivo de maiores

A saída cultural terá lugar o sábado 16 de decembro, para a que se ofertan 50 prazas.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse presencialmente no centro cívico da Milagrosa os días 4 e 5 de decembro.

 
Luns, 04 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Cohesión Social, que dirixe Ana González Abelleira, oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, neste caso á cidade olívica.

Así o vén de anunciar a concelleira, quen comunicou que esta excursión municipal terá lugar o sábado 16 de decembro. A xornada arrincará ás 11:00 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 23:00 horas.

A proposta está pensada, unha vez máis, como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero está aberta a toda a veciñanza. Nesta liña, a Ana González aproveitou tamén para informar que se está programando outra viaxe para o mes de xaneiro, neste caso ao Castro de Viladonga.

As persoas interesadas en participar poderán apuntarse presencialmente hoxe e mañá no centro de convivencia de A Milagrosa, en horario das 10:00 ás 13:00 horas e as 50 prazas dispoñibles adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O custo da mesma é de 4’12 euros.

Documento

Noticias relacionadas