Ana Prieto participa nunhas xornadas sobre a innovación nas políticas locais de emprego

Actualmente o Concello leva a cabo os plans Mellora Lugo e o de emprego municipal (Con) trato feito!, os proxectos Muramiñae, Da Muralla ao Miño, Lugo Smart City e Lugo+Biodinámico, así como o obradoiro EmpregaTIC

Xoves, 03 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Prieto participa nunhas xornadas sobre a innovación nas políticas locais de emprego

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este xoves nunhas xornadas sobre A innovación nas políticas locais de emprego, que teñen lugar hoxe e mañá no Paraninfo da Universidade da Coruña. A edil falou das políticas locais na promoción económica e emprego no Concello de Lugo, tanto no referente aos programas propios como polos financiados por outras administracións.

Neste senso, a concelleira explicou que actualmente a entidade local está levando a cabo os plans Mellora Lugo e o de emprego municipal (Con) trato feito!, os proxectos Muramiñae, Da Muralla ao Miño, Lugo Smart City e Lugo+Biodinámico, así como o obradoiro de emprego EmpregaTIC.

Na súa intervención, Ana Prieto manifestou que “o emprego é unha competencia impropia do Concello, pero ninguén coma os concellos sabemos quen son esas persoas que sofren a lacra do paro, onde viven, os seus nomes e os problemas que o desemprego lles orixina nas súas vidas”.

Noticias relacionadas