
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou no acto inaugural das segundas xornadas de Prevención e Sensibilización do Suicidio e Novas Adiccións na Xuventude, organizadas pola Asociación Alar Galicia, no que destacou “a necesidade de sensibilizar e dar visibilidade aos problemas de saúde mental, ante a maior incidencia de enfermidades e doenzas que están a afectar a toda a poboación e de xeito significativo á mocidade e aos adolescentes”.
Neste contexto, a alcaldesa sinalou que “é imprescindible levar a cabo accións que contribúan á sensibilización desta problemática, e á prevención do suicidio e das novas adiccións, uns problemas aos que todas as administracións debemos enfrontarnos desde as nosas competencias e ámbitos de actuación”.
Con estes obxectivos, Paula Alvarellos lembrou que desde a Área de Xuventude do Concello de Lugo “estamos comprometidos con esta problemática”, polo neste mes e no abril pasado, “celebramos a quinta edición das xornadas Adiccións sen Substancia, no marco do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias e Outras Adiccións Comportamentais”.


