Martes, 22 de outubro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez recibiu esta maña no Concello de Lugo a importadores alemáns interesados nos produtos agroalimentarios da provincia de Lugo. Entre eles o presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, Carlos Rodríguez, representante de Food Material, Juan Arán, representante de Solera Lebensmittel GMBH, Juan Ramón Belmar, representante de Colmado Berlín, Bárbara Schwarzwälder, representante de La Cava Club, David Salcedo, representante de Azafrán Gourmet e Sandra Camarasa, representante de VSI Consulting.