Sábado, 21 de maio de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este sábado o obradoiro de olaría, posto en marcha polo Concello dentro da programación do Lvcvs Cvltvral. A esta actividade artesanal, que se celebrou en Porta Miñá, asistiron máis de vinte participantes de todas as idades.
Tamén enmarcada nesta programación, esta tarde de 17:30 a 20:00 horas, as asociacións Mercenarios Galaicos e Clan de Breogán ofrecerán actividades romanas na Praza Viana do Castelo.