Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa visita o obradoiro de olaría enmarcado no Lvcvs Cvltvral

A Alcaldesa visita o obradoiro de olaría enmarcado no Lvcvs Cvltvral

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Xuventude
Sábado, 21 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa visita o obradoiro de olaría enmarcado no Lvcvs Cvltvral

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este sábado o obradoiro de olaría, posto en marcha polo Concello dentro da programación do Lvcvs Cvltvral. A esta actividade artesanal, que se celebrou en Porta Miñá, asistiron máis de vinte participantes de todas as idades.

Tamén enmarcada nesta programación, esta tarde de 17:30 a 20:00 horas, as asociacións Mercenarios Galaicos e Clan de Breogán ofrecerán actividades romanas na Praza Viana do Castelo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-visita-o-obradoiro-de-olaria-enmarcado-no-lvcvs-cvltvral