A alcaldesa reforza os equipos da Policía Local cun novo furgón de atestados para mellorar a seguridade viaria e asistencia cidadán

O vehículos permitirá contar cunha oficina móbil para facilitar o traballo da Unidade de Atestados, o que permite actuar con maior eficacia.

Luns, 04 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa reforza os equipos da Policía Local cun novo furgón de atestados para mellorar a seguridade viaria e asistencia cidadán

O goberno de Lara Méndez amplía á frota da Policía Local incorporando un novo furgón de atestados, unha dotación coa que o Concello pretende axilizar e facilitar o labor dos axentes en materia de seguridade viaria e que "se enmarca nos investimentos que desde o Concello realizamos durante os últimos anos para mellorar os recursos materiais e humanos da Policía Local", destacou a rexedora.

A alcaldesa de Lugo e o inspector xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, recoñeceron hoxe este novo vehículo, ao que se destinaron 100.000 euros. Lara Méndez explicou que "este investimento permite contar cunha oficina móbil para facilitar o traballo da Unidade de Atestados xa que conta con todo o equipamento para realizar informes policiais como ordenador, conexión wifi e impresora, o que permite actuar con maior eficacia e mellorar a asistencia á cidadanía".

Con este novo furgón, "continuamos reforzando os recursos para mellorar o servizo de control viario da Policía Local" xa que a nova incorporación está dotada de todo o material necesario para funcionar como unha oficina completamente autónoma e cos elementos de sinalización e balizamento necesarios para poder levar a cabo controles ou  filtros na vía pública.

A cabina conta con dúas prazas, coa instalación dunha  tablet con conexión a internet á rede municipal, co cal os ocupantes terían sempre a disposición toda a información e acceso ás bases de datos da Xefatura do Corpo. Na zona de traballo, hai instalado un ordenador portátil, unha impresora multifunción, un  etilómetro de precisión, así como amplitude para o analizador de drogas e maletín de traballo, que no caso de ter que realizar traballos como a recollida de datos en caso de accidente, ou a toma de declaracións, permitirá axilizar o labor no lugar dos feitos.

Coa incorporación do novo furgón de atestados, a Policía Local de Lugo conta actualmente con seis radio patrullas con kit de detidos, tres de eles híbridos, un suv híbrido, dous todoterreos e seis motocicletas.

Multimedia

  • A alcaldesa reforza os equipos da Policía Local cun novo furgón de atestados para mellorar a seguridade viaria e asistencia cidadán

Noticias relacionadas