A Alcaldesa recibe ao novo xefe da Policía Local de Cáceres

Martes, 07 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe ao novo xefe da Policía Local de Cáceres

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes, no despacho da Alcaldía, ao novo xefe da Policía Local de Cáceres, Benedicto Cacho Morales, que tras ascender a inspector, está a realizar o preceptivo módulo de formación externa para incorporarse ás súas novas funcións.

Comeza esta formación na cidade de Lugo, onde estivo onte e hoxe, e continuará logo en Santiago e San Fernando (Cádiz) co fin de coñecer de primeira man o funcionamento da Policía Local destas localidades, tanto a organización como a estrutura e o traballo que desempeñan os axentes.

Noticias relacionadas