A alcaldesa participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno polo asasinato dun bebé, novena vítima de violencia vicaria

Paula Alvarellos e varios representantes da Corporación amosaron a súa repulsa por este novo acto de violencia machista ao tempo que lembraron ao neno de dous anos morto en Jaén, presuntamente a mans da parella da nai.

Luns, 02 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno polo asasinato dun bebé, novena vítima de violencia vicaria

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na convocatoria da Subdelegación do Goberno en Lugo en repulsa pola novena vítima de violencia vicaria no que vai de ano, nun crime de violencia machista ocorrido na localidade de Linares, en Jaén. As autoridades asistentes gardaron un minuto de silencio en memoria de Christián, un bebé de dous anos asasinado, presuntamente, pola actual parella da súa nai, quen ademais habería ferido ao irmá xemelgo da vítima, que se atopa ingresado no hospital.

No que vai de ano 42 mulleres foron asasinadas por violencia machista, nove nenas e nenos morreron a mans das parellas ou ex parellas das súas nais e 32 menores quedaron orfos a consecuencia dos asasinatos das súas nais.

Multimedia

  • A alcaldesa participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno polo asasinato dun bebé, novena vítima de violencia vicaria
  • A alcaldesa participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno polo asasinato dun bebé, novena vítima de violencia vicaria

Noticias relacionadas