A Alcaldesa participa na presentación da nova tempada de cursos de novas tecnoloxías para maiores ofrecidos pola TIC

Martes, 10 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na presentación da nova tempada de cursos de novas tecnoloxías para maiores ofrecidos pola TIC

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, participaron no acto de presentación dos cursos de novas tecnoloxías para maiores que impartirá a Fundación TIC no segundo trimestre do ano, un programa cun 60% máis de accións formativas, que se impartirán no concello lucense e no resto da provincia. Méndez puxo en valor a iniciativa da entidade provincial, en tanto que favorece as relacións sociais, a calidade de vida das persoas maiores e o envellecemento activo, destacando así mesmo a alta demanda que rexistran os cursos. Tamén invitou aos participantes nos cursos e en xeral a todos os maiores a usar as instalacións do Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello, situado na parte traseira da casa consistorial, no que dispoñen de ordenadores de maneira gratuíta.

Entre as novidades desta nova tempada de cursos, o Presidente provincial destacou o importante incremento de actividades: “Neste segundo trimestre haberá 81 cursos e obradoiros, con 1.085 prazas, fronte aos 51 cursos e 713 prazas da edición anterior, o que supón un incremento do 60%. Queremos dar resposta así á alta demanda que hai destas actividades. De feito, vemos como en cada edición as prazas se cobren nas primeiras horas de apertura de inscrición”.

Noticias relacionadas