A Alcaldesa participa na entrega dos Premios Traxectoria Comercio Galego a 22 negocios lucenses

Lara Méndez subliña que “o traballo e esforzo” do comercio “ten unha gran recompensa para as vilas e cidades nas que se asenta. “En Lugo sabémolo ben, pois este sector supón o 13% do PIB e o 16% dos postos de traballo”

“O Concello poñerá o seu gran de area para aumentar estas cifras e para paliar o paro poñendo en marcha un plan de emprego municipal da man do mundo empresarial”

Xoves, 12 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na entrega dos Premios Traxectoria Comercio Galego a 22 negocios lucenses

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves no Círculo das Artes na entrega dos Premios Traxectoria Comercio Galego a 22 negocios de Lugo e  provincia, uns galardóns organizados pola Federación Galega de Comercio, presidida por José María Seijas. Na gala, á que asistiu o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, entre outras autoridades e numerosos comerciantes, a rexedora felicitou aos premiados pola súa traxectoria “de traballo e esforzo feitos con moita ilusión, que teñen unha gran recompensa para as vilas e cidades nas que se asentan, pois o comercio supón un motor dinamizador da economía”. “Sabémolo ben en Lugo”, engadiu, onde esta actividade “xera o 13% do PIB e o 16% dos postos de traballo, o 80% das empresas pertencen ao sector servizos e hai máis de 2.500 establecementos asociados á Federación de Comercio”.

O Concello, asegurou Lara Méndez, “poñerá o seu gran de area para que estas cifras sigan medrando e tamén para paliar o desemprego, no que hoxe se atopan máis de 8.000 lucenses, poñendo en marcha un plan de emprego municipal da man do mundo empresarial, pois é o que mellor coñece a demanda”. A Alcaldesa agradeceu ás pequenas empresas o seu traballo “porque sosteñen o tecido empresarial” e á Federación de Comercio polo “labor que fixo durante todos estes anos e que sigue facendo”, engadindo que o Concello “seguirá colaborando como hasta o de agora” con esta entidade.

Os comercios galardoados cos Premios Traxectoria Comercio Galego son os seguintes: Joyería Refojo, Confitería Madarro, La Sucursal, Casa Piedad, MelFror, Panadería Pastelería Illán, Tobarix, Carnicerías Montes, Estanco CastroDuarría, Electricidad Núñez (Foz), Domingo Joyeros (Monforte), Moda Ramos (Taboada), Casa Vázquez (Monterroso) e Panadería Pallares (Sarria). Tamén se recoñeceu aos creadores de Federación de Comercio de Lugo: Luis Abelleira, José María López Bourio, Francisco Martínez Cortiñas e Jesús Fernández López (de Foz).

Noticias relacionadas