A Alcaldesa entrega as chaves dos locais ás emprendedoras e emprendedores do viveiro de empresas do Concello na Tinería

Grazas a esta iniciativa do Goberno de Lara Méndez, implantaranse negocios variados, orixinais, innovadores, comerciais e cunha elevada posibilidade de atraer xente tanto de Lugo como de fóra, relacionados co sector turístico, moda, tecnoloxía, deporte, lecer e arte

A rexedora agradeceu aos adxudicatarios “que cresen neste proxecto, neste barrio e nesta cidade” e puxo en valor que a maioría sexan mulleres

Quedou de relevo a diferente forma de entender o público que ten o PP e o Goberno local: “mentres a Xunta propuxo unha poxa dos inmobles, sen control sobre o seu uso e a inmediatez do mesmo, nós apostamos por un viveiro de empresas que impulsará o barrio de maneira eficaz e controlada”

Os beneficiarios teñen agora catro meses para acondicionar os locais e abrir o negocio, polo que a primeiros de ano estarán todos en funcionamento

Mércores, 17 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa entrega as chaves dos locais ás emprendedoras e emprendedores do viveiro de empresas do Concello na Tinería

A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, entregou este mércores na Tinería as chaves dos locais ás emprendedoras e emprendedores que poñerán en marcha os seus negocios no viveiro de empresas a pé de rúa que o Concello creou no barrio co fin de contribuír a dinamizalo social e economicamente de maneira eficaz e controlada. “Unha das preguntas que me adoitan facer é porque quero ser Alcaldesa, a resposta é que quero selo por días como este, no que conclúe un proceso que realmente é o inicio de outro, un proxecto que fai cidade co que apoiamos oito proxectos emprendedores que impulsarán o dinamismo dun barrio tan emblemático coma este”, subliñou Méndez.

Ao acto de entrega de chaves e sinatura dos contratos de aluguer dos locais co Concello acudiron Lourdes Pardo, responsable dos servizos xurídicos da CEL, e José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, entidades que formaron parte do comité de valoración das 18 ofertas presentadas ao viveiro, polo que a Alcaldesa lles agradeceu a colaboración “na difícil labor de seleccionar os mellores proxectos”. Asistiron tamén representantes da Asociación de Empresarios da Tinería Itineris, para os que, xunto coa Asociación de Veciños, Comerciantes e Empresarios da Tinería, Lara Méndez tuvo tamén palabras de agradecemento polo “gran labor que están a facer para impulsar o barrio”.

Neste senso, recalcou que, “se realmente hoxe estamos aquí é porque a Asociación de Veciños, Comerciantes e Empresarios trasladou a súa preocupación pola poxa dos locais que pretendía sacar adiante a Xunta, sen saber si se ían a abrir, de facelo cando, nin a finalidade que ían ter. Por iso, tomamos a iniciativa e decidimos dende o Concello alugar os locais e poñelos a disposición dos emprendedores e emprendedoras a través dun viveiro de empresas”, subliñou a rexedora.

De calidade e con nome de muller

A Alcaldesa agradeceu aos beneficiarios dos locais que “cresen neste proxecto, no que o Goberno puxo tanto esforzo, compromiso e ilusión, por crer no potencial deste barrio e, en definitiva, por crer na nosa cidade”. Destacou a gran calidade dos proxectos que se poñerán en marcha, relacionados co sector turístico, moda, tecnoloxía, deporte, lecer e arte. Todos son “orixinais, moi traballados, comerciais, innovadores, moi acaídas aos usos que plantexamos e cunha alta capacidade de atraer ao barrio tanto a xente de Lugo, como de fóra”, asegurou Méndez, ademais de recalcar que a gran maioría son impulsados por mulleres (5 de 8), ao igual que ocorre con outras iniciativas que ten en marcha o Concello, como o plan Inicia Coworking, no que máis da metade das empresas en marcha son de mulleres ou o propio CEI Nodus, onde o 55% das empresas e entidades instaladas son de mulleres.

As actividades que se poñerán en marcha no viveiro de empresas do Concello na Tinería son as seguintes:

 

SITUACIÓN LOCAL

 

 

ADXUDICATARIO E ACTIVIDADE

 

RENDA MENSUAL (SEN IVE)

 

Recanto do Miño, 8

Lidia de la Fuente López: visitas guiadas e excursións

 

30,23 €

 

Miño, 26

O Breogán na Tinería

36,99€

 

Miño, 32

Unha de Romanos: Centro de interprentación do textil e indumentaria

 

59,75€

 

Tinería,36

 

Grupo Tecnolóxico Lucense SL: tenda de reparación de dispositivos electrónicos

 

10,58€

Tinería, 24

Sara Lage: taller de deseño e confección a medida de traxes de noiva e invitada

 

22,87€

Tinería, 44

 

Deserto por non presentarse ningunha proposta

 

16,45€

Recanto do Miño,15

 

Purificación Juanes/Recados Lugo: Centro de atención e recollida de material e mochilas a peregrinos

 

 

8,36€

Praciña da Universidade, 3. Letra I

 

 

Parteluz Estudio SLU: estudo taller de restauración artística

 

34,78€

 

Praciña da Universidade, 3. Letra II

 

Lucus Aventur SL: aluguer, venda e mantemento de bicicletas, patíns e triciclos

 

32,67€

 

Próximos pasos

Coa entrega de chaves e a sinatura de contratos, os emprendedores e emprendedoras poden iniciar as obras de acondicionamento dos locais. Como teñen un prazo máximo de catro meses para abrir os negocios, a primeiros de ano o viveiro de empresas da Tinería estará en marcha.

Modelo de cidade

A Alcaldesa subliñou que nesta cuestión púxose de relevo a diferente forma de entender o público que ten o PP e o Goberno progresista do Concello, pois “mentres a Xunta propuxo unha poxa destes inmobles rehabilitados con fondos públicos para deixalos en mans privadas, sen control sobre o seu uso nin garantías de que este fose inmediato, nós apostamos e sacamos adiante un viveiro de empresas, que permitirá impulsar de maneira controlada e eficaz a dinamización social e económica da Tinería a través dunha economía sostible e de valor engadido, ademais de seguir fomentando a diversificación e innovación do tecido empresarial lucense”. Esta iniciativa tamén ten unha gran capacidade para “reter o talento que temos en Lugo e, polo tanto, que os nosos emprendedores e emprendedoras non se teñan que ir fóra porque teñen oportunidades en Lugo”.

Esta política forma parte do modelo de cidade do Goberno de Lara Méndez, “un modelo pensado para as persoas, centrado na recuperación de espazos públicos e na dinamización dos barrios, como a Tinería, unha zona emblemática, a través do emprendemento, o emprego e a economía”. 

Audio

  • Lara Méndez, sobre a entrega das chaves dos locais | Descargar mp3

Noticias relacionadas