A Alcaldesa e membros da Corporación participan nos actos con motivo do día de San Roque

Martes, 16 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e membros da Corporación participan nos actos con motivo do día de San Roque

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, asistiron este martes aos actos relixiosos polo día de San Roque. A rexedora e os membros da Corporación acudiron en formación dende a Casa do Concello ata a Capela de San Roque, acompañados pola Garda de Gala. Deste xeito, renovaron unha tradición que vén dende o ano 1768.

Noticias relacionadas