A Alcaldesa despide aos participantes na terceira das excursións á praia subvencionadas polo Concello

Lara Méndez e Ana González Abelleira saudaron aos veciños e veciñas que participan na viaxe ás Pontes e ás praias de Ferrol

A próxima excursión terá lugar o día 17 de agosto ás localidades mariñás de Mondoñedo e San Cibrao

Mércores, 03 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa despide aos participantes na terceira das excursións á praia subvencionadas polo Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, despediron este mércores aos asistentes á excursión organizada polo Concello ás Pontes e ás praias de Ferrol, aos que lles desexaron unha feliz xornada.

Está é a terceira das viaxes de verán que subvenciona a entidade local, onde se combina o eido cultural co lúdico, posto que non só se goza da praia, senón que tamén se fan percorridos culturais polas zonas que se visitan. Con este programa, preténdese dar unha alternativa de ocio aos lucenses por un módico prezo de 4,12 euros.

A vindeira excursión será o mércores día 17 de agosto, na que se visitará á vila monumental de Mondoñedo e aos areais de San Cibrao. Igual que en anteriores ocasións, de facer mal tempo, o Concello ten prevista ruta alternativa para os asistentes.  

Noticias relacionadas