
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores na Casa Consistorial ao Cónsul de Uruguai, Ramiro Rodríguez Bausero, que visita estes días a cidade de Lugo.
A rexedora aproveitou o encontro para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do municipio, que se reflicte nunha maridaxe perfecta entre a paisaxe, a cultura, a historia e a gastronomía, que fan de Lugo unha cidade viva e un destino auténtico, cheo de atractivos visuais e tamén sensoriais.
Durante o encontro, Lara Méndez destacou a importancia sobre o modelo de transformación que está a experimentar o municipio da man da estratexia de dinamización urbana, social e económica posta en marcha polo Executivo local.
Antes de rematar, Lara Méndez entregoulle ao cónsul, o libro da Muralla de Lugo e o pin de prata do Concello “como regalos institucionais de todas e todos os lucenses”, e agradeceulle o seu interese “por coñecer Lugo e todo o que este ten para ofrecerlle ao resto do país e do mundo”, póla súa banda o cónsul agasallou á rexedora um cadro cunha imaxe do antigo Cabildo de Montevideo.