A Alcaldesa de Lugo preside o acto no que 12 bombeiros toman posesión do seu posto xa como funcionarios municipais

Lara Méndez destacou o alto grao de preparación deste persoal, “que redundará na calidade de servizo que ofrecerán a cidade e a veciñanza”.

Venres, 30 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo preside o acto no que 12 bombeiros toman posesión do seu posto xa como funcionarios municipais

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto de toma de posesión de doce novos funcionarios adscritos ao Parque de Bombeiros local, que obtiveron as súas prazas a través de oposición libre, tras superar o correspondente procedemento de selección, pasando de estar no cadro de persoal en réxime de interinos a funcionarios dende o día de hoxe.

No acto, no que tamén estivo presente a Concelleira de Economía e Recursos Humanos, Paula Alvarellos, a rexedora resaltou o momento de alegría que supón para estes 12 profesionais a chegada deste día tras moito tempo dedicado a súa preparación, “preparación que redundará na calidade do servizo que ofrecerán á cidade a a nosa veciñanza”.

Méndez lembrou o esforzo realizado estes anos polo Concello para incrementar o persoal do Parque de Bombeiros, así como de material e equipamento que permita que cumpran as súas funcións con maior seguridade para eles e para os cidadáns.

Actualmente, o Parque de Bombeiros conta cun total de 44 bombeiros, e no mes de xaneiro se incorporarán doce máis en calidade de interinos.

Multimedia

  • A Alcaldesa de Lugo preside o acto no que 12 bombeiros toman posesión do seu posto xa como funcionarios municipais
  • A Alcaldesa de Lugo preside o acto no que 12 bombeiros toman posesión do seu posto xa como funcionarios municipais

Noticias relacionadas