- Tema
Mércores, 21 de setembro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto de toma de posesión de dous novos traballadores para o departamento de Arquitectura, Jorge Brandariz e María Montero, tras aprobar as oposicións.
Tamén, tras aprobar as oposicións, tomaron posesión das súas prazas o xefe de servizo de Informática, Rafael Otero, como analista de sistemas/aplicacións, e Jesús Darriba, encargado da Brigada da zona do rural.