A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participa no minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA na Comunitat Valenciana e Castela-A Mancha

A rexedora sumouse á convocatoria do Goberno de España no primeiro día das tres xornadas de loito oficial polas vítimas do temporal.

Igualmente quedan tamén cancelados todos os actos públicos oficiais organizados pola Administración local durante estes tres días de loito e nos de carácter privado tampouco haberá representación oficial.

Xoves, 31 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participa no minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA na Comunitat Valenciana e Castela-A Mancha

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá no minuto de silencio celebrado ante a Subdelegación do Goberno en memoria das vítimas mortais da DANA na Comunitat Valenciana e Castela-A Mancha. Este acto de respecto e solidariedade foi convocado polo Goberno de España, coincidindo co inicio das tres xornadas de loito oficial decretadas en todo o país.

Previamente celebrouse unha Xunta de Voceiros extraordiaria onde, con absoluto consenso, os tres grupos da Corporación determinaron a SUSPENSIÓN do Pleno convocado para hoxe, en respecto ao loito nacional decretado. A sesión levarase a cabo o próximo luns, ás 10.

O Concello de Lugo únese así ao fondo sentimento de pesar que conmove a todo o país polas drásticas consecuencias que está a ter a Dana que estes días afecta a boa parte do territorio nacional.

En sinal de dó coas familias e seres queridos das persoas falecidas e desaparecidas, as bandeiras oficiais do Concello ondearán até o domingo a media asta e nas interiores loce tamén un crespón negro como mostra de condolencia e apoio aos territorios damnificados.

Igualmente quedan tamén cancelados todos os actos públicos oficiais organizados pola Administración local durante estes tres días de loito e nos de carácter privado tampouco haberá representación oficial.

Dende o Concello de Lugo queremos trasladar o noso máis sentido pésame a todas as persoas afectadas polas choivas torrenciais e tamén o noso recoñecemento e alento a todos os servizos de seguridade e emerxencias e a todos os operativos que están a traballar nas zonas máis prexudicadas.

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participa no minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA na Comunitat Valenciana e Castela-A Mancha

Noticias relacionadas