A Vía Künig é unha variante medieval do Camiño Francés pola cidade de Lugo, ruta de peregrinación cunha gran riqueza natural e cultural
O Concello de Lugo, ten previsto a sinalizacion da Vía Künig o seu paso polo municipio

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada dos concelleiros de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, percorreron esta maña a etapa Corgo – Lugo da Vía Künig acompañados dun amplo número de peregrinos co fin de potenciar este camiño.
Durante o percorrido, Lara Méndez agradeceulle á asociación o convite a participar e.destacou “A importancia das rutas Xacobeas, para a nosa cidade tanto na vertente cultural, turística como na de impulso socioeconómico”
O Concello de Lugo, ten previsto a sinalización da Vía Künig o seu paso polo municipio mediante a instalación de 43 puntos con placas indicadoras.