Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, percorre cos peregrinos a etapa Corgo – Lugo da Vía Künig para potenciar este camiño

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, percorre cos peregrinos a etapa Corgo – Lugo da Vía Künig para potenciar este camiño

A Vía Künig é unha variante medieval do Camiño Francés pola cidade de Lugo, ruta de peregrinación cunha gran riqueza natural e cultural

 O Concello de Lugo, ten previsto a sinalizacion da Vía Künig o seu paso polo municipio

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Deportes
Domingo, 01 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, percorre cos peregrinos a etapa Corgo – Lugo da Vía Künig para potenciar este camiño

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada dos concelleiros de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, percorreron esta maña a etapa Corgo – Lugo da Vía Künig acompañados dun amplo número de peregrinos co fin de potenciar este camiño.

 Durante o percorrido, Lara Méndez agradeceulle á asociación o convite a participar e.destacou “A importancia das rutas Xacobeas, para a nosa cidade tanto na vertente cultural, turística como na de impulso socioeconómico”

 O Concello de Lugo, ten previsto a sinalización da Vía Künig o seu paso polo municipio mediante a instalación de 43 puntos con placas indicadoras. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-lara-mendez-percorre-cos-peregrinos-etapa-corgo-lugo-da-kunig-para-potenciar