
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá á presentación do primeiro Campionato Oficial de Tapas e Pinchos de España organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo a cal tivo lugar na Terraza do hotel Méndez Núñez.
A alcaldesa de Lugo destacou que “A gastronomía non é só turismo. É quizais o mellor escaparate para os produtos agroalimentarios galegos e, por tanto, exerce un enorme poder de arrastre sobre a actividade da nosa industria agroalimentaria.” Sen esquecer que a “a cociña é un idioma internacional, que rompe as barreiras e se converte na perfecta carta de presentación dunha localidade” e finalizou destacando ”A riqueza gastronómica da cidade e da provincia de Lugo, por iso a marca de … E para comer, Lugo, que xa forma parte do noso ADN e que se basea na calidade das nosas materias primas e no bo facer dos nosos hostaleiros”.
Á mesma acudiron Cheché Real, Presidente de APEHL; José Luis Yzuel, Presidente Hostelería de España; José Manuel Balseiro, Delegado Territorial de la Xunta en Lugo; Tareixa Antía Ferreiro Tallón, Concejala Cultura y Turismo y Vicepresidenta de la Diputación de Lugo; Nava Castro, Directora Turismo de Galicia; José Tome, Presidente Diputación de Lugo.