Lara Méndez subliñou a importancia de “aproveitar a capacidade profesional do sector privado para o ben común”, tras un encontro con representantes do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industrias de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse este mércores con representantes do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo dentro da súa rolda de encontros cos colexios profesionais, un dos colectivos que contribúen de maneira significativa á dinamización da cidade. Con este ciclo de reunións, a rexedora continúa a senda iniciada en xullo por manter un persoal e estreito contacto con todas as asociacións veciñais, sociais e empresariais da cidade. “Este Goberno local ponse á disposición de todos estes colectivos, para facer cidade entre todos”, destacou Méndez.
Tras o encontro, no que ambas entidades coincidiron e manifestaron a súa disposición de colaborar activamente, a rexedora subliñou a importancia de “aproveitar a capacidade profesional do sector privado para o ben común”.