Xoves, 09 de marzo de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou este xoves un convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a cesión ao Concello dunha parcela na parroquia de Poutomillos, propiedade do Banco de Terras, para destinala a dotación de interese común e social. Trátase dunha parcela cunha extensión superficial de 32 áreas e 70 centiáreas, na que se atopa a igrexa e o cemiterio. O Concello recibe esta parcela que poderán empregar os veciños e veciñas desta parroquia do rural como espazo público, no que poidan realizar actividades sociais ou de lecer, ou empregalo como aparcadoiro.