Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa asina un convenio con Agader para a cesión ao Concello dunha parcela na parroquia de Poutomillos

A Alcaldesa asina un convenio con Agader para a cesión ao Concello dunha parcela na parroquia de Poutomillos

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural
Xoves, 09 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asina un convenio con Agader para a cesión ao Concello dunha parcela na parroquia de Poutomillos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou este xoves un convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a cesión ao Concello dunha parcela na parroquia de Poutomillos, propiedade do Banco de Terras, para destinala a dotación de interese común e social. Trátase dunha parcela cunha extensión superficial de 32 áreas e 70 centiáreas, na que se atopa a igrexa e o cemiterio. O Concello recibe esta parcela que poderán empregar os veciños e veciñas desta parroquia do rural como espazo público, no que poidan realizar actividades sociais ou de lecer, ou empregalo como aparcadoiro. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-asina-un-convenio-con-agader-para-cesion-ao-concello-dunha-parcela-na-parroquia-de