Alberte Cabarcos dá inicio ás máis de 30 actividades do Entroido de 2020

Este ano as festas de Entroido organizáronse coa colaboración das áreas de Cultura e Participación

Sábado, 22 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alberte Cabarcos dá inicio ás máis de 30 actividades do Entroido de 2020

Na tarde de hoxe deuse o pistoletazo de saída á programación do Entroido de 2020. Alberte Cabarcos, actor e comunicador, foi o encargado de dar o pregón nesta edición. O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañados de integrantes da corporación municipal foron os encargados de recibir ao pregoeiro, que realizou unha intervención teatralizada no salón de plenos coa que desatou gargalladas e aplausos por parte da corporación.

Despois do pregón, as charangas Tambukada e Ars Nova amenizaron o recinto histórico, e despois tivo lugar o Entroido escénico “Quérete”, pola compañía de teatro Down Lugo e Cia.

sábado 22, o Mercado e a Praza de Abastos acollerán, de 10:00 a 14:00 unha degustación de produtos tradicionais de Entroido, amenizado pola murga Os Virtuosos do Tinto, que a partir das 13:00 realizarán un pasarrúas pola praza da Soidade, rúa Nova, Tinería, rúa do Miño e praza do Campo, rematando na rúa Nova. Durante todo o día, de 10:00 a 20:00, terá lugar a Carreira de Tronos, Escape Room Exterior, que comezará na ronda de Fontiñas, e percorrerá rúas do centro da cidade. Cada quenda, que terán lugar de 10:00 a 15:00 horas, terá de 4 a 9 participantes, e será preciso inscribirse no 010. Os menores deberán ir acompañados por un adulto.

Ás 12:30 arrancará dende a praza de San Marcos ata a praza Maior o espectáculo de rúa para público familiar “Hakuna Matata”. A partir das 13:00, Palimocos e Cía representará no fondo da praza maior “Eu non quero máis que unha man, unha man ferida se é posible”.

A partir das 17:00 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes deberán concentrarse na praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga VK Pinta, e percorrerá as rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na Praza Maior. As inscricións deberán realizarse nas oficinas da área de Cultura antes das 14:30 do venres 21. O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (100, 75 e 50 euros), parellas (150, 120 e 90 euros) e comparsas (225, 175, 140 euros), que serán entregados dous vales, un por un lote de libros, que pode incluír material escolar ou de papelería, e outro para actividades de ocio e tempo libre, que se poderán canxear na sala Enigma ou no espazo Hakuna Matata. Durante a deliberación do xurado, Isla Le Triska realizará un espectáculo de clown e malabares para toda a familia.

Ás 20:30 sairá dende o fondo da praza Maior, o Entroido escénico “uns pican e outros non” a cargo do grupo Achádego Teatro. Ademais, polas rúas do centro actuará a charanga Terra Chá, e por Campo Castelo, San Pedro e a praza Mártires de Carral, a charanga Unión Phenosa. A partir das 23:00, a praza da Soidade acollerá a sesión DJ de Dub Mono HiFi Soundsystem & Helenoise Outta Udog.

domingo 23 comezará coa actuación do grupo tradicional Caivanca polo recinto histórico, a partir das 13:00, no barrio da Ponte, ata o desvío da estrada de Portomarín, actuará o grupo tradicional Son de Lugh.Ás 20:00, a Praza de Abastos acollerá a festa de remate da Carreira de Tronos, Escape Room Exterior. A partir das 20:30, a charanga Amigos de Manolo actuará polo recinto histórico.

luns 24, a partir das 13 horas, o recinto histórico acollerá a actuación de Cántigas e Frores. A partir das 18:30, Os Pinchacarneiros representarán O Entroido Pícaro, e a partir das 19:00, realizarase na Praza de Abastos unha Festa de Disfraces. Ás 19:30 a charanga Os Jaláticos comezará na praza da Milagrosa, pasando polo barrio da Piringalla e Garabolos. Ás 20:30, a charanga Louband estará no recinto histórico e por Augas Férreas a charanga Clave de Sol. Por Campo Castelo, San Pedro e a praza Mártires de Carral, actuará a charanga Viño Branco e no fondo da praza do Campo, o grupoNostrum Cai interpretará o seu Entroido escénico “Gatsby Remake 2020”. Ás 23:00, a praza da Soidade terá unha sesión DJ con Galician Army.

martes 25 comezará co espectáculo itinerante de rúa para público familiar “Le Petit Circ” dende a praza de San Marcos ata a praza Maior. Ás 13:00, Raíces do Campo actuará polo recinto histórico. A partir das 19:00, a charanga Paradela percorrerá o recinto histórico

A partir das 17:00 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes deberán concentrarse na praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga Paradela, e percorrerá as rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na Praza Maior. As inscricións deberán realizarse nas oficinas da área de Cultura antes das 14:30 do luns 24. O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (500, 300 e 200 euros, e tres premios de 50 euros), parellas (600, 400 e 300 euros, xunto con 5 premios de 100 euros) e comparsas (1.100, 800, 600 euros, e 7 premios de 200 euros).

mércores 26 terá lugar o Enterro da Sardiña. Este ano, ao cumprirse 20 anos da constitución da “Asociación Cultural Pepe Barreiro”, organiza múltiples actividades. Ademais do concurso de Ferretes de Entroido tamén promove a exposición “Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois”, que se inaugurará o 12 de febreiro e poderá visitarse na rúa da Raíña.

Ás 19:00 o quiosco da música da praza Maior acollerá o Velorio da Sardiña. Todas as persoas que queiran acompañar á familia no Velorio están convidadas. Así mesmo, poderán deixar constancia da súa pena no libro de firmas. Ás 19:30 a Santa Compaña fará un percorrido pola praza Maior cantando miseres en latín, e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da Sardiña. Ás 20:00 comezará oEnterro da Sardiña. O cadaleito sairá do quiosco para se incorporar á procesión no Circulo das Artes e percorrerá diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do Campo e da Soidade, ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes.

Máis info

Multimedia

  • Alberte Cabarcos dá inicio ás máis de 30 actividades do Entroido de 2020
  • Alberte Cabarcos dá inicio ás máis de 30 actividades do Entroido de 2020

Noticias relacionadas