Aberto o prazo para participar na XIII Edición do Certame de Narración Curta "Ánxel Fole"

Xoves, 02 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O premio para o gañador será de 1.000 euros, o segundo recibirá 500 euros

Dende a área de Cultura, Turismo, Deportes e Educación do Concello de Lugo, convócase a XIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” en lingua galega.

Ao certame poderán concorren todos aqueles autores que o desexen, poidendo presentar un máximo de dúas obras orixinais e inéditas, escritas en galego. O tema dos traballos será libre, e a extensión dos textos non poderá superar os 36.000 caracteres, con espazos incluídos ou os 20 folios mecanografados a dobre espazo por unha soa cara e por triplicado. Poderán presentarse en papel, e como novidade este ano, ademáis poderanse entregar en soporte dixital (CD/DVD ou lapis de memoria).

Os traballos deberán presentarse no departamento de Cultura do Concello de Lugo, en sobre pechado, baixo lema ou pseudónimo na parte exterior. Dentro debe figurar a narración, así como os datos do autor: nome e apelidos, enderezo, poboación, código postal, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI e título da obra presentada.

O prazo de presentación pecharase o día 30 de decembro de 2010. Os gañadores serán elexidos por un xurado formado por persoas competentes na materia. O primer premio será de 1.000 euros e o segundo de 500 euros. O premio non poderá declararse deserto.

 

Multimedia

Noticias relacionadas