Aberto o IV Encontro de Moda da Época romana, posible inspiración para os teus preparativos do Arde Lvcvs

Lara Méndez e Carmen Basadre visitaron este venres os postos que conforman este encontro, instalado no patio central do Vello Cárcere ata o vindeiro domingo

Venres, 19 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aberto o IV Encontro de Moda da Época romana, posible inspiración para os teus preparativos do Arde LvcvsAberto o IV Encontro de Moda da Época romana, posible inspiración para os teus preparativos do Arde Lvcvs

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este vernes os postos que forman o IV Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos da Época Romana, enmarcado denro da programación do Luvcvs Cvltvral, organizado polo Concello. Esta é a cuarta edición desta cita, na que se poñen á venda todo tipo de artigos relacionados coa cultura romana e castrexa, tales como alimentación, vestimenta ou complementos, que servirán de posible inspiración para os preparativos do Arde Lvcvs.

O IV Encontro de Moda, Vestimenta, Artesanía e Produtos da Época Romana permanecerá aberto ata o vindeiro domingo, en horario das 11:00 ás 14:00 horas, e das 17:00 ás 21:30 horas no Vello Cárcere, onde mañá tamén se celebrarán obradoiros a cargo de Tera Cópora, Asamblearias, Trebas Galaicas e Cohors X Urbanae. Do mesmo xeito, terá lugar un desfile de tropas da Guardia Pretoriana, ás 21:00 horas.

No encontro participan os seguintes stands, El espíritu del bosque, Roberto Lascanao, Mila artesana, Tres caracoles, Honorino Freire xoiería, Rappa taller, Macoa, Aturuxo Fraga, Producto balear, Ricardo Rifón e Tomás Saavedra.

O domingo, a partir das 18:00 horas, o cantiño de Nemesio Cobrero acollerá a Mostra de Vestimenta da Época Romana. En xornada de mañá, o centro cultural volverá acoller obradoiros, desta vez a cargo de Lucus Equites e Ara Roma, así como un desfile de tropas da Asociación Salesiani Luci Augusti.

Outras actividades romanas e castrexas

Este mesmo fin de semana, o sábado, na Sala de Exposicións Porta Miñá terá lugar un obradoiro de modelado en barro, de 11:00 a 14:00 horas, e xogos romanos, tanto no Parque da Milagrosa, da mán das Asamblearias, como en Campo Castelo, a cargo da Asociación Civitas Lucensis. Así mesmo haberá obradoiros a cargo das Vestais, de 17:00 a 20:00 horas na Praza Maior. O domingo celebrarase no MIHL a final dos xogos romanos de taboleiro.

Multimedia

  • Aberto o IV Encontro de Moda da Época romana, posible inspiración para os teus preparativos do Arde Lvcvs

Noticias relacionadas