19 concertos compoñen a nova edición do Festival de Jazz de Lugo, co que colaboran o Concello e a Deputación

Carmen Basadre, Pilar García e José Luis Díaz presentaron a programación da nova edición deste festival, que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, terá lugar do 11 ao 20 de novembro na cidade de Lugo

Os concertos e actividades terán lugar no Círculo das Artes, no Club Clavicémbalo, a Casa do Saber, e no bar Ho! Gruf. Máis información en www.jazzlugo.com

Luns, 07 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
19 concertos compoñen a nova edición do Festival de Jazz de Lugo, co que colaboran o Concello e a Deputación

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García, e o Presidente da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, José Luis Díaz, presentaron este luns no Círculo das Artes a XXVI edición do Festival de Jazz de Lugo que organiza este colectivo, co que colabora o Concello e a Deputación, e que terá lugar do 11 ao 20 de novembro na cidade de Lugo.

Carmen Basadre invitou a todos os amantes da música a que non deixen pasar a oportunidade de gozar da oferta de calidade deste festival de jazz, ao tempo que adiantou que este ano, como novidade, haberá un concerto con motivo do XVI aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio da Humanidade.

Pola súa banda, García Porto subliñou que “dende a Deputación de Lugo colaboramos para a consolidación deste espazo cultural e musical que cada ano vai crecendo, e que achega a provincia profesionais do mundo do jazz de primeiro nivel. Ademais, con este tipo de actividades lúdico-culturais impulsamos o consumo e dinamizamos a vida na cidade”.

Programación
Círculo das Artes.- A entrada a todos os concertos é de 10 euros.

  • O luns 14 de novembro ás 21:30 horas no escenario 1906, terá lugar o concerto do guitarrista neoiorquino JonathanKreisberg
  • O martes 15 de novembro ás 21:30 horas no escenario 1906, actuará o grupo Dean BrownBand
  • O mércores 16 de novembro ás 20:30 horas no escenario 1906, terá lugar o concerto do trompetista JeremyPelt, xunto ao pianista VictorGould, o Contrabaixista Vivente Archer, o batería JonathanBarber, e o percusionista Jacqueline Acevedo
  • O xoves 17 de novembro ás 20:30 horas actuarán BruceBarthTrio&JeanToussant
  • O venres 18 de novembro ás 20:30 horas terá lugar o concerto dos veteranos The Cookers
  • O sábado 19 de novembro ás 20:30 horas actuará o saxofonista Donny McCaslin, xunto a JasonLidner, Mark Guiliana, e Jonathan Maron
  • O domingo 20 de novembro ás 20:30 horas actuarán o grupo Garufa Blue Devils Big Band

Club Clavicémbalo.-A entrada a todos os concertos é de 5 euros.

  • O venres 11 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do grupo PocketCorner
  • O sábado 12 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do artista compostelán Alfonso Calvo con Ton Risco de convidado especial
  • O luns 14 de novembro ás 23:30 horas actuará o grupo Alfredo García Quintet
  • O martes 15 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto de Buxerío Trío que gañou o certame SGAE Galicia Creativa na súa categoría
  • O mércores 16 de novembro ás 23:30 horas actuará o contrabaixista Miguel ÁngelChastang
  • O xoves 17 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do sexteto de latin jazz español Tumbando a Monk
  • O venres 18 de novembro ás 23:30 horas actuarán 2M, composto por PabloSax F.Sinde e L.A.R.Legido. Ás 00:00 horas terá lugar o concerto do trompetista Colom, xunto a Roger Mas, Paco Charlín e Miguel Lamas
  • O sábado 19 de novembro ás 23:55 horas terá lugar o concerto de Los Hot Chocolate

Casa do saber do Campus Terra da USC.-A entrada a todos os concertos é libre ata esgotar as localidades.

  • O luns 14 de novembro ás 20:00 horas actuará o grupo MaureenChoiQuartet
  • O martes 15 de novembro ás 20 horas terá lugar o concerto de GorkaBenítez, acompañado de Dani Pérez e David Xirgu

Ho! Gruf.- A entrada a todas as actividades é libre ata esgotar o aforo.

  • O mércores 9 de novembro ás 19:30 horas, proxectarase A filmaboutkids&music dirixida por Ramón Tort
  • O xoves 10 de novembro ás 19:30 horas, proxectarase Jazz history 1956-1960.The adventure, dirixida por KenBurns
  • O mércores 16 de novembro ás 18:00 horas proxectarase Calle 54 dirixida por Fernando Trueba
  • O xoves 17 de novembro ás 18:00 horas proxectarase Paco de Lucia&Grouplive at the Germeringer Jazztage 1997, dirixida por DieterHens
  • O venres 18 de novembro ás 22:00 horas terá lugar unha Jazz Session por Sr.Blas
  • O sábado 19 de novembro ás 13:30 horas actuarán Paco Charlín e Marcos Pin. Pola noite, ás 22:00 horas, o Sr.Blas pinchará Blue Note

Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz
A Asociación ten como principal actividade a organización do Festival de Jazz de Lugo. Este festival vense celebrando na cidade dende o ano 1991. Durante estes anos o festival deu cabida tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais como a novos valores do Jazz mundial, o máis destacado do jazz estatal e representantes do mellor jazz galego.

O Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia. En anteriores edicións pasaron artistas do renome de Ron Carter, Roy Haynes, Joe Lovano, Bill Evans, John Scofield, Kenny Barron, Lee Konitz, Kenny Garret, Roy Hargrove, Wallace Roney, Mike Stern, Randy Brecker, Dave Weckl, Kurt Elling, Tom Harrell, Yellowjackets, Avishai Cohen, Joe Locke, James Carter, Metro, Patricia Barber, Christian McBride, Marc Copland, Philip Catherine, David Sánchez, Greg Osby, Mark Turner, Horacio " El Negro” Hernández, Wolfgang Muthspiel, Chano Domínguez, Jorge Pardo, Pedro Iturralde, Colina-Miralta-Sambeat, entre outros.

Máis info

Noticias relacionadas