Lara Méndez e Carmen Basadre visitaron os distintos postos desta feira, posta en marcha polo Concello para recupear o ambiente da feira tradicional e para promover os produtos autóctonos, que permanecerá aberta ata o 15 de outubro
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegáronse este xoves á rúa Puro Cora, onde está instalada a cuarta edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pon en marcha o Concello para promover os produtos autóctonos, tanto gastronómicos como artesáns, aproveitando a gran afluencia de visitantes á capital ao longo dos días de celebración do San Froilán, Festas de Interese Galego e Nacional. Na súa visita, Méndez e Basadre, que coincidioron en destacar que se trata dunha cita para recuperar o ambiente da feira tracional, orixe do San Froilán, convidaron a lucenses e visitantes a mercar no Gastroarte, onde atoparán "productos dos nosos, dos de calidade".
Gastroarte acolle distintos postos de artesanía, co traballo de artesáns de varios puntos de Galicia e incluso de fóra da comunidade, e co mellor da gastronomía para os palais máis exquisitos, pois participan produtos de calidade diferenciada, recoñecidos como IXP, DOP ou con certificacións de agricultura ou producción ecolóxica.
Nesta edición, Gastroarte conta con 24 postos distintos que estarán abertos ata o 15 de outubro, dentro do propio feiral, en horario de mañá e de tarde.
Os e as participantes nesta feira son as seguintes:
- Pitifús: artesanía en tea e feltro
- Varo Caride: artesanía en coiro
- Noemí Núñez: pintura, gravados, serigrafía
- Artesanía Precolombiana: artesanía de orfebrería precolombiana do Museo do Ouro de Bogotá
- Santín Cuero: artesanía en coiro
- Artesá de Noces: gastronomía en galletas artesanais de noces
- E.Ferro: artesanía en coiro e zocos tradicionais e modernos
- Alfarería: produtos de alfarería
- Licores Celsa: licores artesáns de 13 sabores
- Produto Balear: gastronomía en sobrasada de Mallorca e queixo de Mahón
- Caurelor: marmeladas e outras delicias do Caurel
- Queixos Campo Capela: gastronomía en queixos de Tetilla e requeixos D.O.P.
- Licosres Os Maios: licores artesáns e bisutería
- Bombones Moreno: saborosos bombóns e chocolates artesáns
- Caramelos Abuelo Domingo: caramelos e golosinas artesanais
- Queixería Prestes: gastronomía de queixos D.O.P. San Simón da Costa e Tetilla, queixo azul, patelo, curado, ...
- Embutidos Suarna: elaboración e venda de embutidos
- Paladar Queso: gastronomía de queixos xigantes Alpes D.O.P. de Francia
- Forno de Lugo: gastronomía de panadería galega tradicional
- Myriam Zuazúa: calzado e coiro
- Artesanía en Olivo: artesanía en madeira de oliveira
- Mestura de Kores: artesanía en coiro
- Liño e Lá Coiro Enxebre: artesanía en traxe tradicional e complementos de moda
- Laia Zapateiros: zapateiro artesán