O Alcalde, José López Orozco, o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, xunto con varios membros da Corporación municipal participaron hoxe nun acto de homenaxe ós pais que se celebrou no Cemiterio de San Froilán.
- Tema
Este acto, que se inscribe na programación cultural que organiza a Concellería de Servizos Xerais no Cemiterio, consistiu nun concerto ofrecido pola Banda municipal ó que asistiron como convidados especiais alumnos do CEIP Menéndez y Pelayo.
Con este motivo, os nenos e nenas leron mensaxes de recoñecemento ós pais e tamén se encargaron de facer unha ofrenda floral.
A Concellería de Servizos Xerais ten entre os seus obxectivos o de consolidar o recinto de cemiterio como un centro municipal máis das actividades socioculturais organizadas polo Concello.