Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello homenaxea ós pais cun concerto no Cemiterio de San Froilán no que tamén participaron escolares do CEIP Menéndez y Pelayo

O Concello homenaxea ós pais cun concerto no Cemiterio de San Froilán no que tamén participaron escolares do CEIP Menéndez y Pelayo

O Alcalde, José López Orozco, o Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, xunto con varios membros da Corporación municipal participaron hoxe nun acto de homenaxe ós pais que se celebrou no Cemiterio de San Froilán.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Servizos xerais
Xoves, 19 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello homenaxea ós pais cun concerto no Cemiterio de San Froilán

Este acto, que se inscribe na programación cultural que organiza a Concellería de Servizos Xerais no Cemiterio, consistiu nun concerto ofrecido pola Banda municipal ó que asistiron como convidados especiais alumnos do CEIP Menéndez y Pelayo.

Con este motivo, os nenos e nenas leron mensaxes de recoñecemento ós pais e tamén se encargaron de facer unha ofrenda floral.

A Concellería de Servizos Xerais ten entre os seus obxectivos o de consolidar o recinto de cemiterio como un centro municipal máis das actividades socioculturais organizadas polo Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-homenaxea-os-pais-cun-concerto-no-cemiterio-de-san-froilan-no-que-tamen