O Concello de Lugo activa este luns un novo Plan de Tráfico na Praza de Santo Domingo para o pavimentado na zona do convento

O cambio circulatorio responde ao avance nas obras do proxecto "Corazón Verde entre Murallas", que se atopan na recta final, e variará a circulación para garantir a seguridade viaria e o bo desenvolvemento dos traballos.

Os vehículos que saian do aparcadoiro subterráneo, os residentes e os vehículos de servizos circularán polo novo pavimento executado entre Armañá e a intersección coa Rúa da Raíña, dando saída pola rúa San Marcos.

Deste xeito os vehículos transitarán polo espazo previsto no proxecto para este fin.

Venres, 07 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo activa este luns un novo Plan de Tráfico na Praza de Santo Domingo para o pavimentado na zona do convento

O Concello de Lugo activará este luns un novo Plan de Tráfico na Praza de Santo Domingo para continuar cos traballos de pavimentado no ámbito da Igrexa e o convento, dentro da obra "Corazón Verde entre Murallas", que se atopa na recta final. Debido a estas intervencións, que requiren o emprego completo da calzada, procederase ao corte do tránsito de vehículos na zona.

As melloras na pavimentación permitirán garantir a durabilidade do espazo e mellorar as condicións da circulación. O plan de tráfico establecido permitirá que os vehículos que saian do aparcadoiro subterráneo, os residentes e os vehículos de servizos teñan como itinerario de entrada e saída o espazo comprendido entre a intersección con Rúa da Raíña e a rúa Armañá, recentemente pavimentado, circulando por diante dos inmobles situados entre os números 20 e 28 da Praza de Santo Domingo. Deste xeito os vehículos transitarán polo espazo previsto no proxecto para este fin.

A intervención responde ao compromiso do Goberno de Paula Alvarellos de asegurar a calidade das obras executadas, apostando por unha mellora duradeira do espazo público en beneficio da veciñanza e visitantes. Ademais, esta contorna emblemática, cun alto valor patrimonial e turístico, concentra unha intensa actividade económica, polo que a actuación busca minimizar o impacto na mobilidade e garantir a seguridade viaria.

A Policía Local reforzará a súa presenza nos puntos estratéxicos da nova organización viaria para facilitar o tránsito e garantir o cumprimento das medidas adoptadas. Ademais, lémbrase que só está permitido o acceso ao Centro Histórico a vehículos autorizados, como residentes, usuarios de aparcadoiros, servizos, emerxencias ou aqueles con permiso especial. Esta medida enmárcase dentro da planificación da futura Zona de Baixas Emisións e busca mellorar as condicións de seguridade e confort peonil no casco histórico da cidade.

Multimedia

  • O Concello de Lugo activa este luns un novo Plan de Tráfico na Praza de Santo Domingo para o pavimentado na zona do convento

Noticias relacionadas