A programación, que se desenvolverá os sábados do mes de xullo (6, 13, 20 e 27), inclúe tirolinas, rutas de ebike e merendas (todas elas de balde), para as que haberá dispoñibles 12 prazas por día.
As persoas interesadas poderán inscribirse na web www.lugomasxti.org dende o 24 de xuño ás 09.00 horas ata o 4 de xullo ás 23.59 horas.
“Procuramos que a programación abrangue un amplo abano de posibilidades que nos permitan, como neste caso, combinar a concienciación nos hábitos saudables e valores como o respecto ao medio ambiente”, destaca o edil Jorge Bustos sobre a iniciativa.

O programa +XTÍ, impulsado pola área de Xuventude do Concello de Lugo e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas, organizará no mes de xullo actividades de aventura abertas a toda a mocidade.
Os sábados 6, 13, 20 e 27 desenvolveranse tirolinas, rutas ebike e merendas, todas de balde, nas que poderán anotarse persoas de entre 14 e 35 anos. “Procuramos que a programación abrangue un amplo abano de posibilidades que nos permitan, como neste caso, combinar a concienciación nos hábitos saudables e valores como o respecto ao medio ambiente”, subliña o edil Jorge Bustos.
As xornadas do Aventura +XTI prolongaranse dende as 10.00 ás 18.00 horas e haberá dispoñibles 12 prazas, que se adxudicarán por rigoroso orde de chegada das solicitudes, para cada unha delas.
A iniciativa pon de manifesto a involucración do Executivo de Paula Alvarellos coa sensibilización sobre os diferentes tipos de adiccións, a prevención de drogodependencias e a educación en valores das novas xeracións. “Desde o Concello de Lugo aproveitamos todas as ferramentas posibles para achegarnos ás veciñas e veciños e conciencialos sobre o consumo. E non falamos só da inxestión de alcol e/o outras drogas, senón doutras condutas potencialmente adictivas, como o abuso das novas tecnoloxías ou o xogo patolóxico, porque non é indiferente que hai novos tempos nas adiccións”, destaca o concelleiro.
As persoas interesadas en participar nestas actividades poderán inscribirse na web www.lugomasxti.org do 24 de xuño ás 09.00 horas ao 4 de xullo ás 23.59 horas, ou ata cubrir o límite de inscricións. As 12 prazas ofertadas para cada día serán asignadas por rigoroso orde de chegada das solicitudes e os menores de idade deberán presentar una autorización asinada polos seus pais/nais ou titores.

