Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 10 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención violencia de xénero

Sobre as 13:00 horas do día 7 de maio, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda ao edificio dunha rúa da cidade xa que ao parecer un home estaba a insultar e ameazando cun machete á súa parella.

Inmediatamente os axentes acceden ao interior da vivenda onde a muller, moi nerviosa e chorando, maniféstalles que foi insultada gravemente pola súa parella actual, a que, ademais, lle colocou un machete no pescozo ameazándoa, non sendo a primeira vez que a insulta e ameaza.

Que os policías achan ao home, de 65 anos de idade, no salón e sae correndo cara á cociña dicindo que se vai a quitar a vida cun coitelo, polo que un dos axentes abalánzase sobre el para evitar que se autolesione, procedendo á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de violencia de xénero para a súa remisión ao Xulgado competente.

Delitos contra a seguridade viaria e controis de alcoholemia

A noite do sábado 8 ao domingo 9 de maio de 2021, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apoiados cun equipo de Atestados do Corpo, estableceron diferentes “filtros de seguridade viaria” en vías do centro urbano da cidade, co seguinte resultado:

  • Accidente de circulación ocorrido na rúa Santiago no que se viron implicados dous vehículos. Practícaselles probas de alcoholemia aos condutores, lanzando un deles un resultado POSITIVO de 1,09 mg/l (máis de catro veces a taxa permitida), polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Detéctase un vehículo na rolda das Fontiñas que realiza varias infraccións de tráfico, sendo interceptado e comprobado que o seu condutor presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 1,02 mg/l (catro veces máis a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Accidente de circulación na avenida de Adolfo Suárez, ao saírse da vía un turismo e chocar contra outros dous estacionados. O condutor é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,65 mg/l, abríndose expediente sancionador que carrexa multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Intercéptase un vehículo nun dos controis establecidos en rolda das Fontiñas, cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia realizadas de 0,48 mg/l, iniciándose procedemento sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Accidente de circulación na rúa Serra de Outes onde se viron implicados dous vehículos. Un dos condutores dáse á fuga e é interceptado por unha patrulla na rúa Trapero Pardo, comprobando que presenta signos de embriaguez polo que é requirido a someterse ás probas de detección alcohólica, NEGÁNDOSE a realizalas, instruíndose dilixencias, como investigado, por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Nestes controis levantáronse CINCO actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por non facer uso da máscara.

Ruídos en interior de vivenda

Na madrugada do 7 ao 8 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tiveron que intervir en dúas vivendas por festas. A primeira levou a cabo na rúa Rei Don García xa que os veciños queixábanse de ruídos de música e ton de voz elevado. Os axentes procederon á identificación do responsable, requiríndolle para que cesasen as molestas, o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

A segunda tivo lugar na Avenida de Magoi onde os veciños denunciaban ruídos molestos que proviñan dunha vivenda. Os axentes comproban que se escoita actividade humana en ton alto e o son dunha guitarra, procedendo á identificación do responsable, o cal manifesta que está en compañía de dous compañeiros de piso e que non eran conscientes das molestias que estaban a ocasionar, sendo requiridos para cesen, o que fan ao instante.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 15:20 horas do día 8 de maio, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á Avenida de Fingoi co fin de auxiliar a unha muller que caera na rúa e estaba desorientada. Os axentes practícanlle os primeiros auxilios, manifestando a señora de 79 anos de idade, que saíra da súa casa e se desorientou, caendo accidentalmente na beirarrúa, rexeitando asistencia médica, localizándose a un familiar que se fai cargo dela.

Noticias relacionadas