Actualidade

Ex., 15-04-2026
Ex., 15-04-2026
Luns, 27 de outubro de 2025
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncia a programación do Samaín 2025

A edil de Cultura presentou as actividades para toda a familia que se poderán desfrutar entre o 28 de outubro e o 2 de novembro.

Obradoiros e animación de rúa farán "unha ampla programación" para o Samaín 2025.

Luns, 27 de outubro de 2025
O Concello recibe as “Maletas Viajeras” cheas de boa literatura coa que inculcar o espírito feminista e rebelde

 O alcalde, xunto á edil Ángeles Novo, recolleu da subdelegada do Goberno, os 24 libros que estarán a disposición da cidadanía na biblioteca da Casa da Muller durante varios meses.

Miguel Fernández pon en valor esta iniciativa “coa que se pretende fomentar a educación igualitaria; loitar contra o conformismo e, tamén, contra as violencias machistas”.

As dúas maletas contén literatura infantil e para adultos, coa que abordar o maltrato,  o matriarcado, o matrimonio, a maternidade, os roles de xénero, o empoderamento e a ciberviolencia, entre outros temas.

Luns, 27 de outubro de 2025
O alcalde Miguel Fernández e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, supervisan a recuperación do caneiro da Acea de Olga

 A restauración agora completada garantiza o futuro do ecosistema fluvial, posúe un valor patrimonial únco ao vencellar a tradición co noso presente e garantiza o uso social neste emblemático tramo do río Miño.

A intervención forma parte da estratexia conxunta de colaboración entre ambas as institucións para a posta en valor do entorno fluvial ao seu paso polo municipio.

“Lugo consolídase como unha cidade que mira ao río con respecto e con futuro. Seguiremos traballando da man da Confederación e doutras administracións para que siga sendo un espazo de encontro, patrimonio e futuro”, destacou o alcalde.

Luns, 27 de outubro de 2025
A área de Muller do Concello aborda nunha charla o papel da psiquiatría como ferramenta de control da muller disidente nos séculos XIX e XX

A conferencia “Mulleres e locura: as tolas que non o eran”, a cargo da historiadora Carmen V.Valiña, terá lugar o vindeiro xoves, no Vello Cárcere, a partir das 19.00 horas.

Luns, 27 de outubro de 2025
O Concello de Lugo detecta novas deficiencias no aparcadoiro executado pola Xunta na Avenida Breogán

Os defectos na execución afectan ao sistema de recollida de augas pluviais e inadecuada evacuación de fecais nos colectores modificados pola execución da obra que se suman ás xa notificadas en relación coa zona verde, a falta de videovixilancia e os cargadores de vehículos eléctricos.

A voceira municipal, Ana González Abelleira, solicita á Xunta que resolva de inmediato estos numerosos problemas para que o aparcadoiro poida ser asumido polo Concello e posto a disposición da veciñanza.

Abelleira lamentou “a falta de rigor e de control na execución” e advertiu á Consellería que non tente converter un problema técnico nun conflito político para tapar unha mala xestión e execcuión do proxecto.

Domingo, 26 de outubro de 2025
A Tenencia de Alcaldía continúa coas melloras na cidade cun novo asfaltado nas rúas Armórica e Mariña Española

Rubén Arroxo: "Seguimos traballando para garantir a seguridade viaria traballando nun firme axeitado nas distintas zonas de Lugo e avanzando no calmado do tráfico".

Os traballos comezarán o martes 28 e teñen unha duración aproximada de 4 días.

Sábado, 25 de outubro de 2025
O PIT continúa a consolidarse como "un centro referencial na formación viaria das nenas e nenos"

Rubén Arroxo e Iria Buide achegáronse esta semana ás instalacións do Parque Infantil de Tráfico para dar a benvida a un dos grupos de estudantes de Lugo que desfrutou dunha sesión de formación vial.

Buide destacou que o Goberno de Lugo oferta estas actividades aos centros de ensino de xeito gratuíto.

Sábado, 25 de outubro de 2025
O plan especial de limpeza para Todos os Santos prolongarase 14 días con cobertura reforzada no cemiterio e na súa contorna

Un total de 14 operarios e operarias e 12 vehículos ocuparanse de acometer nestas xornadas as tarefas de roza, baldeo, fregado de alta presión e limpeza xeral.

Este dispositivo de reforzo xa comezou a traballar o luns, coa roza da Estrada Vella de Santiago e nas inmediacións do camposanto, e estará operativo ata o 2 de novembro.

O alcalde sinala que “desde Transición Ecolóxica tratamos de que, nestas datas de gran afluencia ao cemiterio municipal, todo estea nas mellores condicións posibles”. 

Venres, 24 de outubro de 2025
O alcalde de Lugo pon en valor “a capacidade da Asociación Concepción Arenal de avanzar cara a xustiza social”, na presentación das Xornadas Penitenciarias Lucenses

O rexedor destacou o acerto deste colectivo para “poñer o foco en temas de grande interese, como nesta edición centrada na adolescencia e as alteracións das conductas”.

A presidenta do colectivo organizador, Elvira Fernández, sinalou que “a motivación este ano foi abordar a saúde mental na adolescencia desde distintos ámbitos da sociedade”.  

A trixésimo novena edición será os días 28 e 29 na Deputación e contará con maxistradas de xulgados de menores, psicólogos, avogadas, psicopedagogas e psiquiatras.

Venres, 24 de outubro de 2025
O eurodiputado Nicolás González coñece da man do alcalde o proxecto Novo Norte para acometer a terceira gran transformación da cidade, coa avenida da Coruña como eixo

 O rexedor lembrou que “no último lustro, o Concello xestionou case 90 millóns de euros vinculados con proxectos de fondos europeos, dos que 33 foron aportados pola UE”.

 O parlamentario europeo percorreu algunhas das zonas de Lugo nas que se centrará a nova estratexia para a unión da nova Intermodal con varios barrios e co centro histórico.

 Miguel Fernández mostrouse “orgulloso de ensinarlle este ambicioso plan, co que avanzaremos na conversión dun Lugo para mellorar a vida da súa veciñanza”.

Páxinas