Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncia a programación do Samaín 2025

A edil de Cultura presentou as actividades para toda a familia que se poderán desfrutar entre o 28 de outubro e o 2 de novembro.

Obradoiros e animación de rúa farán "unha ampla programación" para o Samaín 2025.

Luns, 27 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncia a programación do Samaín 2025

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades do Samaín 2025, que contará con distintas propostas de lecer que, segundo declarou Maite Ferreiro, "achegarán distintas propostas para todos os públicos nas rúas da cidade".

A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico, que terán lugar o vindeiro 31 de outubro a partir das 21 horas polo casco histórico, coa actuación do Bloco Meigallo, e a Tambukda o 1 de novembro a partir das 21 horas. 

O Vello Cárcere contará cunha programación especial para o Samaín, con actividades arredor desta data no espazo de lecer do centro cultural ao longo da semana. Para inscribirse, será preciso contactar co Vello Cárcere a través de correo electrónico (vellocarcere@lugo.gal) ou no teléfono 982 297 195. Ademáis, as salas museísticas municipais organizan unha xincana de samaín, con actividades a realizar ao longo da rede.

Programación Samaín 2025

28 de outubro:

Viñetas arrepiantes. Obradoiro pequeviñetistas.

17.30h (nados entre 2013 e 2018). Biblioteca de O Vello Cárcere.

29 de outubro:

A festa dos calacús. Obradoiro a toda cor.

17.30h (nados entre 2017 e 2022). Espazo didáctico de O Vello Cárcere.

30 de outubro:

Contos de Samaín. Minirrelatos.

17.30h (nados entre 2013 e 2018). Biblioteca de O Vello Cárcere.

31 de outubro:

Xincana Samaín.

17h. Museos Lugo (información en oficina de turismo e redes sociais @museoslugo).

Actuación Bloco Meigallo.

21h. Rúas do recinto histórico.

1 de novembro: 

A pantasma colorida. Contacontos miúdos.

11h e 12.30h. (nados entre 2017 e 2022). Espazo de lecer de O Vello Cárcere.

Xincana Samaín.

17h. Museos Lugo (información en oficina de turismo e redes sociais @museoslugo).

Actuación Tambukda.

21h. Rúas do recinto histórico.

2 de novembro:

Cousiñas xeitosas.

11h (nados entre 2017 e 2022). Espazo de lecer de O Vello Cárcere.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Samaín | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncia a programación do Samaín 2025

Noticias relacionadas