Actualidade

Ex., 13-04-2026
Ex., 13-04-2026
Mércores, 10 de decembro de 2025
Remata a edición 2025 do ciclo Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG

Rubén Arroxo: "Queremos promover o uso do galego entre a mocidade, así como a creación literaria e artística a través da lingua".

As preto de 400 estudantes participantes participaron na gala final que contou coa actuación musical de Mondra.

Mércores, 10 de decembro de 2025
Rubén Arroxo anuncia a renovación do contrato para suministrar EPIs ao persoal do Cemiterio e do Mercado

A Xunta de Goberno aprobou tamén o convenio coa AGADIC para a programación cultural do segundo semestre do 2025.

Arroxo: "Seguimos a traballar para mellorar os servizos públicos do Concello".

Martes, 09 de decembro de 2025
Iria Buide presenta o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal

A Escola Luguesa de Xadrez e a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo organizan este evento o vindeiro domingo 14 pola tarde.

O soto da Praza de Abastos acollerá unha nova edición "do torneo que conta con máis participación cada ano", explicou Iria Buide.

Martes, 09 de decembro de 2025

O alcalde propuxo a varios compoñentes para esta comisión, mentres que dous dos compoñentes serán determinados pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.

Miguel Fernández insiste en que “así comprometémonos a preservar a privacidade dos debates e actuacións deste órgano, ao tempo que aseguramos a súa rigorosidade”.

O rexedor destaca “a importancia deste órgano para o bo funcionamento interno do Concello, polo que o proceso de renovación se axilizou o máximo posible”.

Martes, 09 de decembro de 2025
O alcalde de Lugo visita o novo espacio cultural “Arte e Parte”, impulsado pola artista Luz Darriba

Miguel Fernández, acompañado de Ana González Abelleira, coñeceu a sala de exposicións, que a artista abriu recentemente na avenida da Coruña, e coa que busca ofrecer un lugar para que as e os creadores dean a coñecer a súa obra.

Luns, 08 de decembro de 2025
A planta baixa da praza de Abastos acolle do 9 ao 11 a feira Diversiarte, coa participación de vinte asociacións de Lugo

Ademais de coñecer o labor que fan estes colectivos a prol da integración, o programa contará con obradoiros, concertos, xincanas, chocolatadas familiares e contacontos.

A edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, recomenda “achegarse a esta feira para informarse de primeira man do traballo que realizan estas asociacións polos dereitos das persoas con discapacidade”.

A inauguración será mañá martes, ás 19.00 horas, co concerto de Adrián Vigo e David Taboada. O mércores e xoves abrirá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. 

Domingo, 07 de decembro de 2025
O Concello de Lugo actuará de urxencia para talar dous tilos en Ramón Ferreiro debido ao grave risco de caída

O tilo nº 1, situado xusto antes do paso de peóns fronte á oficina da Policía Nacional do DNI, incrementou de forma moi notable a súa inclinación desde 2018 ata 2025, ladeándose cara ao nordeste e proyectándose perigosamente sobre a calzada.

Pola súa parte, o tilo nº 2, situado á altura do número 14, sufriu un sinistro en maio de 2023, quedando sen corteza nun tramo de máis dun metro de altura e na metade do perímetro do tronco.

A reposición dos exemplares realizarase na próximo inverno xa que é necesario esperar a desactivación biolóxica de ambos os dous sitemas radiculares.

Sábado, 06 de decembro de 2025
A XXII Carreira Popular Lugo Monumental encara a recta final das inscricións e introduce un cambio horario excepcional o 21 de decembro

As inscricións permanecerán abertas ata o domingo 14 e a proba rolda xa o milleiro de participantes entre todas as categorías.

A saída da categoría absoluta adiántase ás 10:30 horas para compatibilizar o dispositivo coa mobilidade previa ao encontro do Río Breogán.

“A Lugo Monumental é unha carreira única, que combina deporte, convivencia e a posta en valor do noso patrimonio”, destaca o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos.

Sábado, 06 de decembro de 2025
Cohesión Social activa as Aulas Abertas de Nadal nos centros de convivencia para facilitar a conciliación das familias

As actividades desenvolveranse nos centros de convivencia de Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín, que acollerán dúas quendas: os días 22, 23 e 26 de decembro, e os días 29, 30 de decembro e 2 e 5 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

O programa oferta un total de 80 prazas, distribuídas en 20 por centro e por quenda, e establece criterios de prioridade para garantir que as familias con maiores necesidades poidan acceder ao servizo.

 A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, subliñou que este programa é “un recurso esencial para moitas familias lucenses, especialmente para aquelas que necesitan compatibilizar horarios laborais co coidado das súas fillas e fillos durante o Nadal”.

Venres, 05 de decembro de 2025
A Corporación Local se suma á condena de catro crimes machistas ocorridos nas últimas dúas semanas e que elevan a 42 as mulleres asasinadas este ano

Gardouse un minuto de silencio ante a Subdelegación do Goberno en recordo das catro mulleres asasinadas en Málaga, Madrid e Alicante.

Páxinas