Luns, 24 de marzo de 2025
Fonte:
Gabinete de Prensa

Segundo aunciou a concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, maña martes será visitable en xornada de portas abertas entre as 17:00 e as 19:00 a Escola Infantil Gregorio Sanz.
As familias interesadas poderán coñecer o espazo e funcionameto da Escola Infantil Gregorio Sanz de cara a ser persoas usuarias das mesma no curso vindeiro.
A Escola Infantil Gregorio Sanz está situada na Avda. Vilaverde s/n e é unha das catro das que o Concello de Lugo administra xunto coa Escola infantil municipal Serra de Outes, a de Luis Soto Menor (San Fiz) e a de María Wonenburger (Piringalla).
Audio
- A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, sobre a xornada de portas abertas da Escola | Descargar mp3

