A veciñanza de Lugo máis preto de dispoñer dun aparcamento público gratuíto en fronte ao HULA

A Comisión de Patrimonio autorizou o proxecto presentado polo Concello para levar a cabo o acondicionamento da parcela e adoptar as medidas necesarias para protexer a mámoa achada na finca

Venres, 01 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Comisión de Patrimonio vén de autorizar este venres o proxecto técnico presentado polo Concello para realizar o acondicionamento dunha parcela de titularidade municipal, que se atopa no contorno de protección  da necrópole megalítica do Monte de San Cibrao, cunha superficie de 25.280 metros cadrados e situada fronte á entrada principal do HULA.

Dito proxecto acometerase en varias fases e permitirá crer unhas 330 prazas de aparcamento. A entidade local xa desbrozou a zona para proceder ao movemento de terras e explanar o terreo. Neste caso tomaranse as medidas necesarias para protexer a mámoa achada na finca segundo as disposicións de Patrimonio.

Esta actuación súmase ao repintado das inmediacións do HULA realizado o ano pasado, ofrecendo un total de 500 prazas gratuítas e gañando desta forma 150 novas prazas. Deste xeito, o Concello ofertará máis de 800 prazas de aparcamento gratuítas no entorno do hospital.

Noticias relacionadas