Unhas 300 persoas celebran o Día dos Museos na rede museística municipal

O Concello tiña programada unha visita guiada gratuíta e un concerto itinerante, ademais da apertura das instalacións cun horario especial

Xoves, 19 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unhas 300 persoas celebran o Día dos Museos na rede museística municipal

Unhas 300 persoas celebraron o Día Internacional dos Museos na rede musesística municipal coa programación organizada polo Concello para conmemorar esta data. Polas instalacións municipais pasaron unhas 250 persoas, rexistrando o Centro de Interpretación da Muralla o maior número de visitantes, 119, seguida da Casa dos Mosaicos, 51.

O Concello tamén quixo ensinarlle á sociedade a que soan os museos coa música de Ensemble Lugo Classic, que recorreron todas as salas expositivas tocando pezas de música antiga, unhas interpretacións que presenciaron ao redor dunhas 50 persoas. O concerto itinerante arrincou no MIHL e discorreu polo Centro Arqueolóxico de San Roque, á Casa dos Mosaicos, á Sala de Exposicións Porta Miñá, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus do Mitreo. Ademais houbo unha visita guiada gratuíta e as instalacións tiveron horarios especiais.

Noticias relacionadas