O Concello organizou este recorrido cultural, dende Conturiz á Ponte Romana, para dar a coñecer dun xeito práctico a vía romana XIX, que unía Braga e Astorga a través de Lugo
Carmen Basadre recibiu este sábado no Salón de Plenos á Banda de Aveiro, que actuará xunto á Banda Filarmónica de Lugo esta tarde, a partir das 19:00 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire
- Tema

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegouse este sábado a Conturiz, dende onde partiu unha trintena de persoas para realizar a Ruta Vía XIX, ata a Ponte Romana. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral posta en marcha polo Concello para quentar motores para o Arde Lvcvs. Nesta andaina participaron membros do Senatus Lucus Augusti así como do Clan de Bregán.
O Concello organizou este recorrido cultural para dar a coñecer dun xeito práctico a vía romana XIX, que unía Braga e Astorga a través de Lugo.
Enmarcados dentro do Lvcvs Cvltvral, esta tarde a partir das 17:30 e ata as 20:00 horas, as asociacións Civitas Lucensis, Lucus Equites, Lugdunum, Asamblearias e Pax Romana levarán a cabo obradoiros en Montirón e no Sagrado Corazón
Concerto das Bandas Filarmónicas de Lugo e Aveiro
Carmen Basadre recibiu este sábado no Salón de Plenos á Banda de Aveiro que actuará xunto á Banda Filarmónica de Lugo esta tarde, a partir das 19:00 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A entrada é de balde.