Unha cea, unha feira e actividades lúdicas-deportivas de sensibilización para celebrar a Semana do Comercio Xusto en Lugo

Rosana Rielo e Héctor Otero presentaron a programación desta celebración, que na cidade cobra unha significación especial, pois Lugo traballa arreo para converterse na primeira cidade de Galicia polo comercio xusto

Venres, 03 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha cea, unha feira e actividades lúdicas-deporitvas de sensibilización para celebrar a Semana do Comercio Xusto en Lugo

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, xunto a un representante do colectivo Lugo Xusta, Héctor Otero, presentaron este venres, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación, organizada por ambas entidades, para conmemorar a Semana do Comercio Xusto.

A primeira das actividades terá lugar o xoves, 9 de maio, ás 21:30 horas, no Bodegón A Fouce, na rúa Ramón Montenegro. Trátase dunha cea de confraternización elabora con produtos de comercio xusto e ecolóxicos. Para participar é preciso inscribirse en lugoxusta@gmail.com. Ten un prezo de 12 euros.

O resto da programación celebrarse o sábado, 11 de maio, dende as 10:30 horas, na Praza Maior de Lugo. Concretamente é unha Feira de produtos ecolóxicos, que contará con actividades de sensibilización, como un contacontos con Anxo Moure, ás 11:00 horas, xogos lúdico-deportivos con Adestro Conciencia ás 12:00 horas, e teatro a partir das 13:00 horas, a cargo de Malala Teatro con Palimoco.

Para Rosana Rielo esta celebración na cidade cobra unha significación especial, pois Lugo traballa arreo para converterse na primeira cidade de Galicia polo comercio xusto.

Audio

  • A edil Rosana Rielo, sobre a Semana do Comercio Xusto en Lugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas