A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación colaboran coa asociación cultural Entre a Néboa, que organiza este sábado un mercado de Nadal na Praza de Abastos

Rubén Arroxo e Cristina López presentaron a xornada xunto con integrantes da asociación.

A xornada celebrarase este sábado, 3 de xaneiro, e contará con obradoiros de Branca Villares e A Mesa do Breogán.

Venres, 02 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación colaboran coa asociación cultural Entre a Néboa, que organiza este sábado un mercado de Nadal na Praza de Abastos

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concellleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López presentaron xunto con integrantes da Asociación Cultural "Entre A Néboa" o 1º mercado de Nadal que terá lugar este sábado no soto da praza de Abastos. A xornada celebrarase entre as 10:00 e as 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00.

O mercado artesanal reunirá máis dunha ducia de postos, con produtos que van desde xoias, cestería e roupa tradicional ata xoguetes e artigos de Nadal. Ademais das artesás, tamén participarán iniciativas sociais e ecoloxistas como Mádia Leva, Adega e Pelitos&Bigotes. O público poderá atopar ademais produtos gastronómicos como o mel do Cebreiro.

A xornada contará con dous obradoiros abertos á participación de todas as persoas que se acheguen: ás 17:00 a agrupación Mesa de Bregoán fará unha introducción aos xogos de rol, e a partir das 19:00 a música Branca Villares realizará un obradoiro de cantigas de nadal.

Multimedia

  • A Tenencia de Alcaldía e a Vicepresidencia da Deputación colaboran coa asociación cultural Entre a Néboa, que organiza este sábado un mercado de Nadal na Praza de Abastos

Noticias relacionadas