Rubén Arroxo: "O horario das festas permite equilibrar o lecer co descanso, Lugo ten que evolucionar"

Arroxo lembrou que a limitación do horario nas festas "fíxose tras centos de solicitudes veciñais, non entendemos por que os colectivos veciñais vencellados ao PP queren impedir o descanso dos seus veciños".

Actualmente, as festas poden prolongarse nas fins de semana ata as 4:00 da mañá, mentres que durante os días laborables da semana o horario remata á 1:30h.

Venres, 28 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo: "O horario das festas permite equilibrar o lecer co descanso, Lugo ten que evolucionar"

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que a actual limitación horaria das festas se aplicou "atendendo a miles de reclamacións veciñais, que buscaban equilibrar o tempo de lecer co descanso". Rubén Arroxo cuestionou a postura das asociacións veciñais vencelladas ao Partido Popular "que reclaman agora ampliar os horarios, impedindo o descanso das veciñas e veciños".

Os horarios das festas foron limitados tendo en conta as múltiples peticións veciñais chegadas ao Concello de Lugo. Durante as fins de semana, as actividades das distitnas festas están autorizadas ata as 4:00 da mañá, mentres que nas xornadas laborables da semana, os eventos deberán finalizar á unha. "Deste xeito garántese que as nenas e nenos poidan descansar antes de asistir ás clases o día seguinte e que as persoas que traballan poidan desfrutar dun horario de descanso axeitado, permitindo tamén a actividade das festas".

Rubén Arroxo afirmou que o Goberno de Lugo seguirá a traballar para "equilibrar o lecer co descanso necesario para a veciñanza", e lembrou que, para garantir esta medida, tamén se limitou o horario dos locais de ocio nocturno "tamén a raíz de múltiples reclamacións veciñais, que solicitaban poder conciliar esta actividade co dereito ao descanso".

Audio

  • O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre o horario das festas | Descargar mp3

Noticias relacionadas