Mércores, 27 de marzo de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, moderou este mércores a mesa redonda que organizou o Concello sobre Xuventude, amor e sexualidade: as nosas relacións; que acolleu o patio do Vello Cárcere. Este debate enmárcase dentro das mesas redondas sobre mocidade que vén organizando nos últimos meses o Concello de Lugo.
No debate, que puxo enriba da mesa un tema aínda tabú, no que tamén hai que educar en plena igualdade, participaron Cristina Palacios, representante da Asociación Arelas; Marta Rodríguez, representante do colectivo Sí, hai Saída de Lugo; Pilar Porral, consultora, periodista e docente especializada en igualdade e Jeane Costa, educadora e sexóloga da sexoloxía Atlántica.