Dirixida a toda a poboación de entre 18 e 55 anos de idade, desenvolverase desde abril ata xuño de 2022. Os interesados deben inscribirse en prevenciondrogas@lugo.gal.
O edil Mauricio Repetto avanza que a actividade se difundirá entre os diferentes centros educativos, centros de menores e asociacións do municipio.

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, activa unha campaña de educación e sensibilización viaria no marco do programa +Xti.
Dirixida a toda a poboación lucense de entre 18 e 55 anos, a iniciativa desenvolverase desde abril ata xuño de 2022. “A actividade que se presentará aos diferentes centros educativos, centros de menores, asociacións lucenses, etc. co obxectivo de informar e sensibilizar acerca dos riscos do uso de drogas ou móbiles ao volante”, segundo avanza o concelleiro.
A campaña inclúe doce cursos de 3 horas e media sobre sensibilización viaria con exercicios prácticos sobre como actuar en caso de accidente (sen límite de participantes). Dous cursos de 4 horas sobre os perigos do alcol, móbil e drogas ao volante (12 participantes por curso) e catro cursos de 1 hora sobre sensibilización viaria impartido por un formador da DXT (sen límite de participantes).
Os interesados deberán enviar mail a prevenciondrogas@lugo.gal.
Máis info
- Campaña de educación e sensibilización vial (alcohol, drogas e móbil) | Descargar pdf