Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Xuventude inicia unha campaña de educación viaria sobre o risco do uso de drogas ou móbiles ao volante

A concellería de Xuventude inicia unha campaña de educación viaria sobre o risco do uso de drogas ou móbiles ao volante

Dirixida a toda a poboación de entre 18 e 55 anos de idade, desenvolverase desde abril ata xuño de 2022. Os interesados deben inscribirse en prevenciondrogas@lugo.gal [1].

O edil Mauricio Repetto avanza que a actividade se difundirá entre os diferentes centros educativos, centros de menores e asociacións do municipio.

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Asesoramento á mocidade,
    • Prevención de drogodependencias,
    • Programas xuvenís
Xoves, 31 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude inicia unha campaña de educación viaria sobre o risco do uso de drogas ou móbiles ao volante

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, activa unha campaña de educación e sensibilización viaria no marco do programa +Xti.

Dirixida a toda a poboación lucense de entre 18 e 55 anos, a iniciativa desenvolverase desde abril ata xuño de 2022. “A actividade que se presentará aos diferentes centros educativos, centros de menores, asociacións lucenses, etc. co obxectivo de informar e sensibilizar acerca dos riscos do uso de drogas ou móbiles ao volante”, segundo avanza o concelleiro.

A campaña inclúe doce cursos de 3 horas e media sobre sensibilización viaria con exercicios prácticos sobre como actuar en caso de accidente (sen límite de participantes). Dous cursos de 4 horas sobre os perigos do alcol, móbil e drogas ao volante (12 participantes por curso) e catro cursos de 1 hora sobre sensibilización viaria impartido por un formador da DXT (sen límite de participantes).

Os interesados deberán enviar mail a prevenciondrogas@lugo.gal [1].

Máis info

  • Campaña de educación e sensibilización vial (alcohol, drogas e móbil) | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-inicia-unha-campana-de-educacion-viaria-sobre-o-risco-do-uso-de

Ligazóns:
[1] mailto:prevenciondrogas@lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_campana_de_educacion_y_sensibilizacion_vial_alcohol_drogas_y_movil_a4.pdf